PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Oct 25

Xornadas de Tecnificación e Empoderamento de Hóckey sobre Patíns Feminino

O Hóckey Club Raxoi, en colaboración coa Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo do Concello de Santiago de Compostela, presenta a primeira edición das Xornadas de Tecnificación e Empoderamento de Hóckey sobre Patíns Feminino a cargo de xogadoras internacionais e da OK Liga Feminina de reconocido prestixio. O corpo técnico que dirixirá as mesmas estará formado por María Fernández Grande (Pulgui), Marta Soler Balcells, Silvia Borrás Lumbreras,  Estanislao García Requejo (Estanis) e Libredon (unidade de Psicoloxía e Coaching Deportivo).

A actividade vai dirixida a nenas con idades comprendidas entre os 8 e 16 anos, cunha cuota de inscrición de 10 € na que estará incluída a comida do segundo día da actividade e un agasallo conmemorativo.

Prazas limitadas: 30. Data límite de inscrición: 6 de novembro de 2017. A admisión será por orde de chegada.

O lugar de realización das actividades será o Pavillón Municipal de Vite (Rúa de Carlos Maside 2 – 15704 Santiago de Compostela, A Coruña).

Podedes ampliar a información así como realizar a vosa inscrición na seguinte ligazón: https://hcraxoi.wordpress.com/xornada_feminino/

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL