Este sábado 12 de maio en Ourense realizarase unha tecnificación para xogadores de Hóckey Liña de diversos clubes galegos, onde cada un poderá propoñer ata un máximo de cinco, e cuxo obxectivo será ver quen formarán parte das seleccións galegas nas categorías Alevín, Infantil e Sub-20 Feminino para os Campionatos de España de Seleccións Autonómicas que se celebrarán no País Vasco do 6 ao 8 de xullo. Estará dirixida polo seleccionador nacional, Philippe Boudreault, acompañado polo corpo técnico da selección galega.
#eupatino