Onte foi o sorteo dos grupos dos Campeonatos de España de Seleccións Autonómicas das categorías feminina e masculina.
No XV Campeonato de España de Seleccións Feminino, a Galega está no Grupo B, xunto con Andalucía, Cataluña e País Vasco. No grupo A atópanse Navarra, Asturias, Madrid e Cantabria.
Esta competición terá lugar do 16 ao 18 de xuño en Jerez de los Caballeros, en Badajoz, e o primeiro partido da selección galega é contra a selección de Catalunya o día 16 ás 13:30 horas.
En canto ao XXVII Campeonato de España de Seleccións Masculino, a Galega está no grupo A, con Comunidad Valenciana, Euskadi, Andalucía e Navarra.
O Campeonato masculino se xogará do 15 ao 18 de xuño en Burguillos, tamén en Badajoz, e a Selección Galega debutará contra Euskadi no primeiro partido da competición, o día 15 ás 09:00 horas.