Esta fin de semana dispútase o X Torneo Luso – Galaico de hóckey a patíns en categoría Sub15 masculina no Pavillón de Elviña II, en A Coruña.
Tras celebrarse ao longo da tempada en terras portuguesas, agora é a quenda da Federación Galega de ser a anfitrioa.
Este Torneo, de carácter amistoso, conta coa participación das Asociacións de Patinaxe de Aveiro, Minho e Porto, ademáis da Federación Galega. Xogarase unha liga entre as catro seleccións e non hai clasificación final.
Horarios e partidos:
Sábado:
11:45h, Selección Galega – AP Minho
13h, AP Aveiro – AP Porto
19h, AP Aveiro – AP Minho
20:15h, Selec. Galega – AP Porto
Domingo:
10:30h, AP Porto – AP Minho
11:45h, Selec. Galega – AP Aveiro
Os xogadores convocados son:
Gaspar Varela Pousa, do C.H. Oleiros
Pedro Rodríguez Mirás, do C.H. Oleiros
Iván Palacio Rodríguez, do C.H. Oleiros
Ivan Recouso Figueira, do AC Ordes
Pedro Ramilo Liste, do Deportivo Liceo
Juan Vecino Montoya, do Deportivo Liceo
Diego López Iglesias, do CAA Dominicos
Íñigo Gutierrez Folgueiras, do CAA Dominicos
Iago Faraldo Blanco, do HC Compostela
Pedro García Corrales, do Compañía De María