Despois de ser publicado a semana pasada o calendario da Liga Autonómica Senior Masculina de Hóckey sobre Patíns, desde esta tarde xa poden ser consultados os correspondentes á Liga Autonómica Xuvenil, a fase de clasificación da categoría Infantil e as Ligas Autonómicas de Alevín. Ademais, tamén están dispoñibles os calendarios das Copas Federación Feminina e Junior.
A categoría Xuvenil contará con catorce equipos e comezará o 29 de setembro de 2018 para rematar logo de 26 xornadas o 23 de marzo de 2019. A Alevín terá tamén catorce equipos na 1.ª División coas mesmas datas que a anterior mentres que na 2.ª División haberá doce conxuntos, que iniciarán a competición o 6 de outubro de 2018 e rematarán o 13 de abril de 2019.
Na Infantil establécense catro grupos na fase previa, do 29 de setembro ao 20 de outubro, con tres deles formados por cinco equipos e o restante con catro dos que se clasifican para a 1.ª División os tres primeiros de cada uno mentres o resto estarán na 2.ª División.
Tamén a vindeira semana, o 29 de setembro, dará comenzo a Copa Federación Junior con sete equipos e que despois de 14 xornada concluirá o 8 de decembro deste mesmo ano en curso. Unha semana máis tarde, o 6 de outubro, será a quenda da Copa Federación Feminina, que con oito equipos disputará 14 xornadas ata o 19 de xaneiro de 2019.
Os calendarios completos poden ser consultados en http://www.hockeypatines.fgpatinaxe.gal/
#eupatino