Uxía Vázquez, xogadora do CHL Meigas, participou no Campeonato de Europa coa Selección Española Senior Feminina de Hóckey Liña, proclamándose campioa da competición celebrada en Charleroi, Bélgica.
É o segundo ano consecutivo con vitoria europea de Uxía coa selección que, de novo, gaña o título tras derrotar a Francia na Final.
Desde a FGP queremos darlle a noraboa.