Unai Cereijo, do CPA Maxia, proclamouse Subcampión do Mundo Junior nos World Skate Games 2024 en Rimini, Italia.
Comezou a competición o 10 de setembro co programa curto, conseguindo o segundo posto provisional con 84.29 puntos.
Dous días máis tarde, remataba co seu excelente programa longo, alcanzando os 144.94 puntos e, así, gañando a medalla de Prata.
A puntuación final foi de 229.23, quedando Subcampión do Mundo Junior en modalidade de libre.
Desde a FGP queremos darlle os parabéns polo seu magnífico traballo e resultado.
Fotos: Raniero Corbelletti; World Skate Games; CPA Maxia.