Hoxe, xoves 10 de outubro, celebrouse a VI Gala do Deporte da Coruña e a súa comarca, organizada por «La Opinión» e o Concello de A Coruña.
Nesta gala, celebrada no Centro Sociocultural Ágora, premiáronse os éxitos deportivos alcanzados no ano 2023, entre os que Unai Cereijo, do CPA Maxia (patinaxe artística), foi galardonado co premio a Mellor Deportista Promesa Masculina e, o propio CPA Maxia, levouse o premio a Mellor Club.
Cabe destacar que un dos premios especiales desta edición, o Premio a Traxectoria Deportiva, o levou o Padre Alejandro Pérez, precursor do histórico Club Dominicos de hóckey a patíns.
Por último, aínda que no conseguiron o premio, foron finalistas:
A mellor adestrador/a: Juan Copa, adestrador do Deportivo Liceo (hóckey a patíns), e Rosa García, adestradora do CPA Maxia (patinaxe artística).
A mellor Club: a SCD Rabadeira, de patinaxe de velocidade.
Desde a FGP queremos dar os parabéns a todos os premiados e finalistas.
Fotos: La Opinión