As Copas Federación das categorías Sénior, Xuvenil, Infantil e Alevín concluíron este sábado 9 de xuño no pavillón de Monte Alto da Coruña coa disputa das finais de todas elas e nas que proclamaron campións Club Compañía de María, que acadaba dous títulos, HC Raxoi e HC Liceo.
A xornada comezaba a media mañá coa primeira das finais enfrontándose na categoría Alevín o HC Raxoi a Club Compañía de María e no que os composteláns se facían co título ao vencer aos coruñeses por 5-2. A continuación xogouse a final de Xuvenil, no que desta volta Club Compañía de María si conseguía o primeiro dos títulos ante Club AA Dominicos cun resultado de 12-1.
Restaban dúas finais que se xogaron pola tarde con HC Liceo “A” gañando a AC Órdenes por 0-2 na Infantil e Club Compañía de María impoñéndose por 7-5 a HC Liceo na Senior, coa que se daba por finalizada a competición.
[Fotos: GaliciaNhockey]
#eupatino