Esta tarde, a partir das 20:30 horas, Teresa Martínez Cancelo recibirá no Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra unha das mencións especiais que entregará a asociación de Mulleres Deportistas Galegas (MUDEGÁ), no transcurso da quinta edición da Gala do Deporte Feminino en Galicia.
A distinción vén outorgada no momento en que a árbitra de hóckey sobre patíns deu por concluída a súa actividade nacional e internacional tras máis de dúas décadas dirixindo partidos, tanto nas ligas masculinas como femininas. Parabéns a Teresa desde a Federación Galega de Patinaxe, que xa foi galardoada na primeira edición en 2011 como mellor xuíza e que na de 2016 tivo tamén a outra representante da FGP na persoa de Rosa García, quen levou o premio á mellor adestradora.
Nota de prensa da presentación da V Gala do Deporte Feminino