PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Nov 13

Teresa Martínez Cancelo e José García Cabreros reciben a distinción ao mérito deportivo da Xunta de Galicia

O auditorio Abanca de Santiago de Compostela (A Coruña) acollía este martes 13 de novembro pola tarde a entrega das 26 distincións ao mérito deportivo que concedeu a Xunta de Galicia neste 2018. Entre os galardoados atopábanse dous árbitros internacionais de Hóckey sobre Patíns, Teresa Martínez Cancelo e José García Cabreros, que viron así recoñecida a súa lonxeva traxectoria deportiva da que ambos xa están retirados, aínda que Teresa mantén o seu contacto diario coa modalidade xa que actualmente é a responsable do comité de árbitros de Hóckey sobre Patíns da Federación Galega de Patinaxe, desde onde nos sumamos ás mostras de recoñecemento e felicitacións pola distinción acadada, froito do desenvolvemento ao longo destes anos polo seu labor. Parabéns!

#eupatino

2018-MeritoDeportivo1 2018-MeritoDeportivo2

 

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL