A Real Federación Española de Patinaxe informou da suspensión dos Campionatos de España de Hoque Patíns e Hoquei Liña debido a situación da pandemia polo covid19 en España.
No caso do Hoquei Patíns suspendéronse en categoría femenina o sub 17 e na masculina os campionatos alevín, infantil, xuvenil e junior.
Namentres, en Hoquei Liña, aprazáronse o Femenino Sub20 e os masculinos junior, xuvenil, infantil e alevín.
Ambos Comités, de Hoquei Patíns e Hoquei Liña manteñen, de momento, a programación dos Campionatos de España de seleccións Autonómicas Masculino e Feminino previstos para o mes de decembro.