Este mércores 19 publicouse no Diario Oficial de Galicia a listaxe de solicitudes suxeitas a emenda, as solicitudes inadmitidas e as solicitudes admitidas, presentadas ao abeiro da Resolución do 30 de decembro de 2020 publicada no DOG do 17.02.2021 (código de procedemento PR945C).
Prazo para reclamacións, emendar erros e falta de documentación: desde este xoves 20.05.2021 ata o mércores 02.06.2021.
Recórdese que para emendar as deficiencias os interesados deberán ir á sede electrónica, localizar a súa solicitude e, en “Accións”, seleccionar “Emenda ao requirimento”; téñase ademais especial coidado en elixir correctamente o procedemento da solicitude a emendar –PR945C-.
Ver listaxe e contacto en: https://deporte.xunta.gal/gl/convocatorias/pr945c-subvencions-actividade-e-covid-19-solicitudes-suxeitas-emenda-solicitudes-inadmitidas-e-admitidas