O vicepresidente do Hockey Club Liceo, Emilio Fernández, acompañado polo concelleiro de Deportes da Coruña Juan Ignacio Borrego, polo secretario xeral para O Deporte, José Ramón Lete, e polo presidente de la Federación Española de Hockei, Carmelo Paniagua, participará mañá ás 12 horas en María Pita no sorteo da Copa do Rei de Hoquei Patíns, que se disputará na cidade herculina do 19 ó 22 de marzo.
No acto estará representando a Federación Galega de Patinaxe o seu vicepresidente, Julio Parga Lorenzo e tamén os capitáns e os adestradores dos equipos masculinos e femininos que participarán no campionato.