Este pasado fin de semana finalizaba a primeira volta da Liga Autonómica de categoría Sénior de Hóckey sobre Patíns, sendo os oito primeiros equipos clasificados os que xogarán o vindeiro sábado e domingo (3 e 4 de decembro) a segunda edición de Copa Federación, que o ano pasado se adxudicaba o Club AA Dominicos na final disputada ante o Club Compañía de María “A”.
Este luns pola tarde realizábase na sede da Federación Galega de Patinaxe o sorteo dos cuartos de final. Os gañadores dos dous primeiros cruces enfrontaranse na primeira semifinal mentres que os vencedores dos dous últimos farano na segunda semifinal, celebrándose estes partidos o sábado segundo os horarios que figuran a continuación, mentres que a final será o domingo no pavillón de Elviña II da Coruña, a sede elixida para a presente edición de Copa Federación.
Sábado, 3 de decembro de 2016
Cuartos de final
9:00 Club Compañía de María “B” – Escola Lubiáns
10:30 AC Órdenes – CH Compostela
12:00 Club Compañía de María “A” – Club AA Dominicos
13:30 Traviesas HC – HC Liceo
18:30 Semifinal 1
20:00 Semifinal 2
Domingo, 4 de decembro de 2016
10:30 Final