Nunha tarde do pasado sábado 13 de xullo onde as treboadas asolagaron a cidade de Ourense e as proximidades do pavillón dos Remedios no que se disputou a final da Liga Galega de Roller Derby, tras o aprazamento da mesma no mes de abril, o título galego quedou decidido a favor de Sereas Bravas Roller Derby Vigo na pista central do complexo deportivo ourensán. As viguesas gañaron 123-161 ás locais do Jabatas Roller Derby nun encontro con moita igualdade e que decidiu ao campión na primera edición da Liga Galega desta modalidade, na que tamén participaron As Brigantias Roller Derby e Irmandiñas Roller Derby.
#eupatino