Cómodo resultado o acadado este domingo polo conxunto mixto formado polas xogadoras do Roller Derby Vigo e os xogadores do Lobishomes MRD, que baixo a denominación de Sereas Bravas se impoñía ao composto por NOS por 361-28 no partido de ida da recén creada Copa Federativa de Roller Derby.
Cun bo ambiente nas gradas do pavillón de Candeán en Vigo, o equipo local demostrou estar máis conxuntado que o seu rival, no que se combinaban xogadoras de Irmandiñas de A Coruña, Negra Sombra de Pontevedra e Lobas de Morgana de Ourense. Aínda que semella complicada a remontada, de cara ao partido de volta en A Coruña o 2 de xuño, as xogadoras de NOS terán algo máis dun mes para realizar algunhas sesións de preparación e analizar os posibles erros que lles levaron a non plantexar apenas oposición ante un equipo máis experimentado.
Aínda así, o primeiro paso xa está dado e ten que servir de aliciente para que, máis pronto que tarde, se poda disputar unha competición con catro equipos en formato de Final a 4, como se vén facendo co resto de competicións tuteladas pola reglamentación da Federación Galega de Patinaxe.
#eupatino