O pasado sábado 6 de maio celebrouse a Final da III Liga Galega de Roller Derby. O Club Vigués Vigo Roller Derby «Sereas Bravas» proclamouse campión tras un partido moi igualado contra o club coruñés As Brigantias Roller Derby A.
O terceiro posto foi para outro club herculino, A Coruña Roller Derby Irmandiñas, tras enfrentarse ao club As Brigantias Roller Derby B.
O club Jabatas Roller Derby Ourense, que non chegou a clasificarse para a final, participou con NSO (oficiáis sen patíns).
Clasificación final:
1. Vigo Roller Derby
2. As Brigantias Roller Derby A
3. Roller Derby Irmandiñas
4. As Brigantias Roller Derby B
5. Jabatas Roller Derby.
Fotos de Carlos Perina.