PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Abr 25

Seis equipos galegos clasificados para os Campionatos de España de Hóckey sobre Patíns

O pasado domingo remataban as Fases de Sector Norte de Hóckey sobre Patíns das categorías Junior, Xuvenil, Infantil e Alevín, que durante os dous últimos fins de semana se desenvolveron en Galicia e no Principado de Asturias, con dúas prazas en cada unha para os Campionatos de España que se celebrarán no mes de maio. Dos 8 equipos que se clasificaron entre os 24 que competiron de ambas comunidades autónomas, a nosa contará contará con 6 distribuídos do seguinte xeito:

 

 

 

 

Junior (A Coruña, 5-6-7 de maio): AC Órdenes e Club Compañía de María.

Xuvenil (Alcañiz, 12-13-14 de maio): Club Compañía de María “A” e HC Liceo.

Infantil (Oviedo, 5-6-7 de maio): Club Compañía de María “A”.

Alevín (Alcobendas, 12-13-14 de maio): CH Compostela “A”.

 

Por outra banda, o HC Liceo xogará este fin de semana (29-30 de abril) no polideportivo Ruth Beitia da Albericia en Santander a Fase de Ascenso a Primeira División Nacional, tendo como rivais a Roller Oviedo HC, CD Urdaneta de Bilbao e RC Jolaseta de Getxo. O sorteo do calendario será o venres ás 20:00 horas.

 

[Fotos: FGP e Luis Velasco Hevia]

2017-CEspanha-Junior-Ordenes 2017-CEspanha-Junior-Companhia 2017-CEspanha-Juvenil-Companhia 2017-CEspanha-Juvenil-Liceo 2017-CEspanha-Infantil-Companhia 2017-CEspanha-Alevin-Compostela

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL