PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Nov 14

Segue o triple empate na cabeza tras a Segunda Sede da Liga Galega Masculina de Hóckey Liña

O pavillón Daniel Cordido Castro de Lugo acollía o pasado domingo, 13 de novembro, a Segunda Sede da Liga Galega de Hockey Liña en categoría Masculina, cos partidos correspondentes ás xornadas tres e catro. Foi un día moi intenso e o público do polideportivo do barrio da Piringalla non tivo tempo de aburrirse, xa que durante toda a xornada dominical houbo partidos de grande nivel nos que os equipos, moito máis rodados que na Primeira Sede, puxeron dende o primeiro momento toda a carne no asador.

Cumpriron os equipos da parte alta da táboa e tanto Lóstregos coma CPL Brigantium Arteixo e CHL Cabuxos venceron nos seus partidos, polo que seguen liderando a clasificación con doce puntos e contando os seus catro encontros disputados por vitorias, aínda que a clasificación vén marcada pola diferenza de goles, co Lóstregos como líder provisional seguido por Cabuxos e Brigantium.

Coma partidos máis destacados sinalamos os dous derbis lucenses que se xogaron sobre a pista da Piringalla e que enfrontaron ó Lóstregos Máster e Cabuxos (5-8) e a Lóstregos contra Lóstregos Máster (4-2).

A Terceira Sede celebrarase o 4 de decembro na Coruña, onde se disputarán as xornadas cinco e seis.

Resultados e clasificación

 

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL