A vindeira fin de semana disputarase a Copa Intercontinental de hóckey a patíns masculina e feminina, no mítico Estadio Aldo Cantoni, considerado a Catedral do hóckey a patíns.
Equipos participantes:
Por parte masculina, representando a Argentina, estarán Unión Vecinal de Trinidad(UVT) e Lomas de Rivadavia e por parte Europea FC Porto (Portugal) e FC Barcelona.
Por parte feminina, os argentinos Andes Talleres (Mendoza) e Deportivo Aberastain e de Europa, dous equipos españois, Telecable Gijón HC e Generali Palau de Plegamans.
Calendario:
Venres 16 febreiro:
19h: Telecable HC – Deportivo Aberastain
21:30h: FC Porto – Lomas de Rivadavia
Sábado 17 febreiro:
19h: Andes Talleres – HC Palau de Plegamans
21:30h: Unión Vecinal de Trinidad – FC Barcelona
Domingo 18 febreiro:
18:30h: Final Feminina
21h: Final Masculina
Entre os árbitros designados ao Campeonato de clubs máis importante do mundo atópase o coruñés Rubén Fernández como representante español.