Rosa García, adestradora dos clubs galegos CPA Maxia e CPA Oleiros, con patinadores internacionáis en activo, foi convidada para realizar unhas xornadas de tecnificación en Portugal.
A primeira delas terá lugar en Tomar do 23 ao 25 de xuño e estará dirixida por David Gaspar, preparador físico da Selección Portuguesa.
A segunda será en Madeira do 8 ao 12 de agosto e estará dirixida pola técnica portuguesa Sheila Rodríguez.
Unai Cereijo e Lucas Yáñez, patinadores internacionáis, acompañarán a Rosa García na illa atlántica para realizar adestramentos xunto a ela e seguir preparándose de cara ás vindeiras citas internacionáis.
Os clubs portugueses terán a oportunidade de traballar diferentes aspectos da patinaxe artística con Rosa. Polas máns desta adestradora galega de recoñecido prestixio, varios dos seus patinadores obtiveron medallas internacionáis en europeos e mundiáis, sendo Lucas o máximo expoñente ao gañar dous mundiáis consecutivos.
Desde a FGP esperamos una experiencia frutífera para Rosa e todos os clubs lusos participantes.