A coruñesa Rosa García, que dirixe aos clubes C.P.A. Maxia e C.P. Oleiros de Patinaxe Artística, recibirá este venres 22 de abril (20:00 horas) no salón de actos da Casa da Cultura da localidade ourensana de Allariz e no marco da 4º edición da Gala do Deporte Feminino, o premio á mellor adestradora galega do ano 2015. Un galardón que vén premiar o recoñecemento a unha traxectoria plagada de éxitos, sendo a principal valedora de varios dos nosos mellores deportistas da modalidade, como así o reflicten os resultados que se acadan ano tras ano. O acto está organizado pola Asociación de Mulleres Deportistas Galegas (MUDEGA).