O vindeiro domingo, 15 de decembro, terá lugar a sede correspondente da Liga Alevín de hóckey liña no Pavillón dos Deportes de Ribadeo.
Nesta competición participan Lóstregos e Meigas, de Lugo, Galicia Rollers e Tiburóns, de A Coruña, Brigantium, de Arteixo, Morcegos, de Ourense, Guajes, de Asturias e, como organizadores, Trasnos, de Ribadeo.