PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Jul 15

Eurohockey: resumen día 2

Palacio dos Deportes de Riazor – A Coruña | 15 de xullo de 2018

O segundo día de competición, o único xunto ao de onte no que non se disputarán cinco partidos, comezaba ás dúas e media da tarde co segundo encontro do grupo A entre Alemaña e Holanda, que finalizaba cun resultado de 5-1 favorable aos alemáns, o mesmo que se daba entre Suiza e Austria con triunfo para os helvéticos. Os outros dous partidos desta xornada resolvíanse sen sorpresas por parte de dúas das seleccións nacionais favoritas ao título xunto a España como son Italia e Portugal.

Así, os italianos de Massimo Mariotti vencían por un contundente 0-24 ante unha débil Bélxica que, aínda que puxo moito tesón, non puido evitar a goleada. No caso dos portugueses dirixidos por Luís Sénica, tampouco tiveron ningún problema para derrotar a Andorra por un cómodo 0-11.

Disputada esta segunda xornada do 53 Campionato de Europa Masculino de Hóckey Patíns, xa se estrearon todos os equipos na competición excepto Francia, que o fará mañá ante Andorra e na cal, a priori, tanto Italia como España e Portugal teñen de novo partidos que deberían resolver con facilidade.

Os horarios e partidos do terceiro día este luns son os seguintes:

12:00 | Bélxica – Alemaña

14:30 | Francia – Andorra

17:00 | Italia – Inglaterra

19:00 | Holanda – España

22:00 | Portugal – Suiza

Galería de imaxes día 2

www.eurohockey2018.gal

info@eurohockey2018.gal

_MG_4240 _MG_4307 _MG_4319 _MG_4374 _MG_4387 _MG_4419  _MG_4437 _MG_4476

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL