Coa participación de 623 patinadores e patinadoras, desenvolveuse esta fin de semana a I Fase de Niveis, desde o 1 ata o 3, de Patinaxe Artística. Foron en total 214 en A Coruña Norte, que baixo a organización do Club Patinaxe Nordés se celebrou no pavillón municipal de Cabana de Bergantiños mentres na Coruña Sur houbo 201 participantes, na competición organizada polo Club Patinaxe A Pobra no polideportivo municipal da Pobra do Caramiñal. En Pontevedra reuníronse os clubes desta provincia e Ourense, con 199 deportistas que acudiron ao pavillón do C. E. I. P. Souto-Donas de Gondomar e que levou a cabo o C. P. A. Gondomar.
Na nosa páxina web de competicións, no apartado de Patinaxe Artística, tedes as clasificacións das tres probas celebradas durante estas dúas xornadas do 2 e 3 de marzo.
[Fotos: C. P. A. Omega, C. P. A. Ríbex, C. P. A. Soutomaior e C. P. Oroso]
#eupatino