Celebráronse este sábado, 11 de marzo, os Trofeos Deputación da Coruña e Pontevedra de Patinaxe Artística para os patinadores e patinadoras de 1ª Categoría na modalidade libre, realizando desta quenda tan só o programa curto. No pavillón Ría do Burgo de Culleredo foron 68 inscritos na competición organizada conxuntamente polo CPA Maxia e o CPA Aura mentres que ao pavillón municipal do Covelo, baixo a organización do Covelo PA, acudiron 55 deportistas. Deixámosvos algunhas imaxes dos podios así como as clasificacións nos documentos adxuntos.


