Celebráronse o domingo 25 de marzo as dúas primeras probas de Patinaxe Artística de carácter nacional en Galicia, nos que os patinadores e patinadoras tiveron que desenvolver o programa curto da modalidade libre. No Trofeo Deputación de A Coruña, que se disputou no pavillón do Restollal de Santiago de Compostela organizado por Club Patinaxe Compostela, contouse con 73 participantes mentres que no caso do Trofeo Deputación de Pontevedra, foron 50 os que competiron no pavillón de Coruxo en Vigo baixo a organización do Coruxo FC.
Na nosa páxina web de competicións podedes consultar os resultados finais ou ben nos arquitos adxuntos.
#eupatino
[Fotos: Coruxo FC, CP Valladares, CPA Condado, CP Compostela]