Este fin de semana disputáronse os Campionatos de España de Hóckey Patíns infantil, junior e sub 17 femenino, disputados na Coruña, Ponteareas e Coslada, respectivamente.
Na categoría infantil, o Barcelona foi campeón tras impoñerse ó Olot (1-0), namentres que o Compañía de María, que perdeu en semifinais ante o campión, claudicou contra o Alcobendas na loita polo terceiro posto (2-5). O outro equipo coruñés en liza, o Dominicos, finalizou quinto tralo triunfo ante o Cocentaina (2-5).
Namentres, Coslada foi a sé do Campionato Junior, no que o Igualada foi primeiro, tras gañar todos os seus partidos. En semifinais gañaron o Barça e na final gañaron o CP Rivas Las Lagunas con un gol a falta de catrp minutos para o final (4-3).
Compañía venceu a Dominicos (3-2) no partido polo cuarto posto.
Por último, Ponteareas acolleu o Campionato de España sub 17 feminino, no que CH Mataró foi o campión, tras gañar a HC Palau de Plegamans (3-6).
O HC Raxoi finalizou séptimo na competición. Perdeu na primeira xornada contra as semifinalistas, o Plegamans (1-6) e ante CP Las Rozas (0-3) e Gatikako Iusturi (1-0).
Fotos: Manu Boutureira / RFEP
Foto Raxoi: FGP