As especialidades de Figuras Obrigatorias e Parellas de Danza de Patinaxe Artística disputaron o pasado fin de semana os seus respectivos Campionatos Galegos, aproveitando tamén na primeira delas para celebrar a I Fase de Niveis, contando ambas no pavillón municipal de Coruxo organizado polo CP Vagalume-Celtamotor cunha participación de 25 patinadores e patinadoras. Irene Luque e Laura Bouzo, ambas do CARPA-Viqueira, proclamábanse campioas galegas en Cadete e Xuvenil.
No que atinxe ao autonómico de Parellas de Danza, que tivo como organizador ao Club Deportivo Fervello no pazo de deportes de Arteixo, a categoría Infantil era para o dúo formado por Carla Estraviz e Ángel Lorenzo do CD Fervello mentres na Cadete se impoñían Candela Recio e Alejandro Redondo da AD Liceo.
#eupatino