Rematou esta mañá a sexta edición do Torneo Luso-Galaico, o derradeiro dos catro que xogan cada tempada a Selección Galega e as Associaçãos de Patinagem das rexións lusas de Porto, Minho e Aveiro de Hóckey sobre Patíns. Tras os Torneios de Nadal, Reis e Carnaval, tocaba a visita a Galicia dos equipos lusos, sendo neste caso o mellor no cómputo global de resultados o combinado de Minho, aínda que nestes torneos non se establece clasificación pois son de carácter amigable e serven para preparar as competicións oficiais nas que participan as catro seleccións.
No que atinxe ao equipo galego dirixido por Juan Copa, comezaba o sábado pola mañá cun empate a sete tantos contra Minho, aínda que a falta de menos de 10 minutos para o final perdían por 1-7, logrando remontar o resultado adverso. Pola tarde empataban con Porto a dous goles mentres que o domingo á mañá cedían ante Aveiro por 1-2 no derradeiro partido do torneo, que rematou coa entrega de medallas a todos os participantes coa presenza e Noa Morales, concelleira de deportes do Concello de Santiago de Compostela, e por Pilar Losada, presidenta do CH Compostela.
RESULTADOS
Sábado, 27 de maio de 2017
Xornada 1
Selección Galega 7 – 7 Selección Minho
Selección Porto 1 – 7 Selección Aveiro
Xornada 2
Selección Aveiro 3 – 8 Selección Minho
Selección Porto 2 – 2 Selección Galega
Domingo, 28 de maio de 2017
Xornada 3
Selección Porto 0 – 10 Selección Minho
Selección Galega 1 – 2 Selección Aveiro
Galerías de imaxes
Selección Porto – Selección Minho
Selección Galega – Selección Aveiro
[Fotos: CH Compostela]