O CPA Gondomar e o Club Patinaxe Galia organizaron este pasado sábado 14 de abril as súas respectivas probas do Trofeo Xunta de Patinaxe Artística, onde os 117 participantes desenvolveron o programa longo da modalidade libre.
No pavillón Castelao I de Ordes (A Coruña) contouse coa presenza de 72 patinadores e patinadoras de todas as categorías desde Benxamín a Senior mentres no pavillón de Donas, en Gondomar (Pontevedra), foron 45 das idades comprendidas entre Alevín e Xuvenil.
Ambas competicións serviron para ir pulindo as coreografías de cara aos campionatos provinciais os días 28 e 29 de abril e o certame autonómico, previsto para o derradeiro fin de semana do mes de maio, que serán o punto de inflexión antes de afrontar as probas nacionais e internacionais.
#eupatino
[Fotos: Club Patinaxe Galia e FGP]