A pasada fin de semana xogábase en Ordes o Torneo de Seleccións Sub 15 masculino coa participación dos representantes das Asociacións de Patinaxe de Aveiro, Minho e Porto, do lado Portugués e o combinado galego.
Neste Torneo, de caracter amigable, non hai clasificación.
Os resultados do combinado galego foron os seguintes:
Sel. Galega 2 – AP Minho 0
Sel. Galega 8 – AP Porto 1
Sel. Galega 5 – AP Aveiro 2
Este Torneo serve de posta a punto para a Selección de cara ao vindeiro Campeonato de Seleccións a disputar a mediados de xuño en Burguillos.
Ao acto de clausura acudiu o Alcalde de Ordes, D. José Luis Martínez e a Concelleira de Deportes, Dna. Ana Soneira.
Desde a Federación Galega de Patinaxe queremos agradecer a excelente organización loxística e deportiva por parte do anfitrión, o AC Ordes.