Coa participación de 68 patinadores e patinadoras, celebráronse o pasado sábado os respectivos Campionatos Provinciais na modalidade libre de Patinaxe Artística na Coruña e Pontevedra, no cal competían as categorías Benxamín, Alevín e Infantil. O CP Ribeira organizaba o primeiro deles no polideportivo de Artes da vila coruñesa, contando coa participación de 41 patinadores e patinadoras. O CP Oleiros e o CPA Maxia levaban a totalidade dos títulos, proclamándose campións Martina Fernández Otero, Unai Cereijo García, María Grela Amor, Lucas Yáñez Pérez e Lucía Fernández Otero.
Na provincia de Pontevedra, que contou con 27 participantes, o campionato estivo organizado polo CPA Condado no pavillón municipal Cándido Carrera Estévez de Salvaterra de Miño, pero cos títulos algo máis repartidos entre o CPA Gondomar con Lola Álvarez Romero, Joel Ribeiro Gómez e Sara Ferreira Lechuga; o Covelo PA con Xavi Gómez Lorenzo e o CPA Condado con Laura Pérez Domínguez, que foron quen de acadar os cinco que se disputaban.
Nos documentos adxuntos podedes consultar as clasificacións de ambos campionatos.
[Fotos: CPA Maxia e CPA Condado]