PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Abr 08

Resultados do Campionato Provincial de Patinaxe Artística

Celebrouse a pasada fin de semana no pavillón de Valadares de Vigo e no pavillón Arsenio Iglesias de Santa Cruz en Oleiros o Campionato Provincial de Patinaxe Artística na modalidade libre, no que os 64 participantes desenvolveron a modalidade libre cos programas curto e longo para as categorías Cadete, Xuvenil, Júnior e Sénior.

Na Coruña, o C. P. Oleiros, organizador da competición, e o C. P. A. Maxia coparon a mayoría dos podios e nos que tamén estiveron patinadores e patinadoras do C. P. Ribeira, A. D. Liceo La Paz e C. P. Compostela entre os 43 inscritos que participaron nas xornadas do sábado 6 de abril e o domingo 7.

No que atinxe a Pontevedra, a proba desenvolveuse integramente o sábado coa presenza de 21 deportistas e cos podios bastante máis repartidos que no caso da Coruña entre Covelo P. A., C. P. A. Condado, C. P. A. Valladares que levou o peso organizativo, C. A. R. P. A.-Viqueira, C. P. Porriño, Coruxo P. A., Club Ánfora e C. P. A. Gondomar.

Na nosa páxina web de competicións de Patinaxe Artística pódense consultar os resultados finais.

[Fotos: C. P. A. Maxia e C. P. A. Valladares]

#eupatino

PA-2019-04-06-Campeonato-Provincial-Corunha1 @Maxia PA-2019-04-06-Campeonato-Provincial-Corunha2 @Maxia PA-2019-04-06-Campeonato-Provincial-Corunha3 @Maxia PA-2019-04-06-Campeonato-Provincial-Corunha4 @Maxia PA-2019-04-06-Campeonato-Provincial-Corunha5 @Maxia PA-2019-04-06-Campeonato-Provincial-Corunha6 @Maxia PA-2019-04-06-Campeonato-Provincial-Corunha7 @Maxia PA-2019-04-06-Campeonato-Provincial-Pontevedra1 @Valladares PA-2019-04-06-Campeonato-Provincial-Pontevedra2 @Valladares PA-2019-04-06-Campeonato-Provincial-Pontevedra3 @Valladares PA-2019-04-06-Campeonato-Provincial-Pontevedra4 @Valladares PA-2019-04-06-Campeonato-Provincial-Pontevedra5 @Valladares

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL