Coa presenza de 69 patinadores e patinadoras de Categoría Nacional de Cadete a Senior disputouse o pasado sábado 28 de abril o Campionato Provincial de Patinaxe Artística na modalidade Libre. En A Coruña, con 39 participantes, celebrouse no pavillón de Caión organizado polo CP Conxuro A Laracha, no que tanto CPA Maxia como CP Oleiros coparon todos os podios excepto un en Cadete Masculino, que foi para AD Liceo La Paz.
Máis repartidos estiveron en Pontevedra, con 30 participantes, na competición celebrada no pavillón de Valadares de Vigo baixo a organización do CPA Valladares, que viu como logo dunha longa xornada se repartían os títulos CARPA-Viqueira, Covelo PA, Ánfora, CPA Valladares e Coruxo PA. A vindeira cita será o Campionato Galego, que se celebrará tamén en Caión co CP Conxuro A Laracha como organizador o sábado 26 de maio e ao que acudirán os patinadores e patinadoras clasificados nos dous campionatos provinciais realizados.
Os resultados están dispoñibles na nosa páxina web de competicións ou ben nos arquivos adxuntos desta noticia.
#eupatino