O pasado sábado 14 de xullo celebrouse o Campionato Provincial para as categorías Benxamín, Alevín e Infantil coa participación de 62 patinadores e patinadoras, 39 no correspondente á provincia da Coruña e 23 na de Pontevedra, organizados respectivamente polo CP Ribeira no pavillón de Sirves e o CPA Gondomar no pavillón do CEIP Souto-Donas. Os resultados finais pódense consultar na páxina web de competicións da Federación Galega de Patinaxe.
[Fotos: CP Ribeira, CP Compostela e CPA Condado]
#eupatino