A modalidade de Patinaxe Artística celebrou esta fin de semana (16 e 17 de marzo) un novo campionato autonómico, sendo esta a quenda dos patinadores e patinadoras de Só Dance e Parellas de Danzas, quen optaban aos títulos galegos. A competición, que se desenvolveu no pavillón municipal de Candeán en Vigo (Pontevedra), estivo organizada polo Club Patín Vagalume-Celtamotor e contou con 30 participantes en Só Dance nas categorías Alevín, Infantil, Cadete, Xunenil, Júnior e Sénior e catro Parellas de Danza.
Os resultados poden consultarse na páxina web de competicións da F. G. P.
[Fotos: Club Patín Vagalume-Celtamotor]
#eupatino