Organizado polo CD Fervello no Pazo dos Deportes de Arteixo (A Coruña), celebrouse o sábado 5 de maio o Campionato Galego Só Dance de Patinaxe Artística cunha participación de 27 patinadores e patinadoras e onde o clube organizador acaparou a maioría dos títulos autonómicos xunto a CP Alquimia, acadando tres cada uno mentres o CP Vagalume era o único que rachaba o dominio dos coruñeses acadando un no conxunto das categorías convocadas que foron Alevín, Infantil, Cadete, Xuvenil, Junior e Senior.
#eupatino
[Fotos: CD Fervello]