Aínda que semellaba que as condicións meteorolóxicas ían respectar o desenvolvemento do Campionato Galego en Pista de Patinaxe de Velocidade, finalmente a chuvia que aparecía na mañá do pasado domingo 10 de marzo en Sada (A Coruña) impedía cumprir o programa previsto, cancelándose deste xeito as probas da segunda xornada da competición.
O sábado 9 si se puderon celebrar todas as que formaban parte do mesmo que contaron coa participación de 87 patinadores e patinadoras dos cinco clubes galegos. Debido á falta de datas, os resultados quedarán tal e como se adxunta nas actas do campionato.
Actas Campeonato Gallego Pista 2019 (Final)
#eupatino
#eupatino