A pasada fin de semana (13-14 de abril) desenvolveuse na pista do campo de fútbol García Irmáns de Betanzos (A Coruña) o Campionato Galego en Circuíto de Patinaxe de Velocidade, no que se contou cunha participación de 91 patinadores e patinadoras dos clubes Sada Patín, S. C. D. Rabadeira, Galicia Rollers, A. D. C. Alquimia Inline e Freestyle Slalom Vigo. As boas condicións atmosféricas nas dúas xornadas axudaron a que as probas se celebrasen con normalidade e sen incidencias.
Actas Cpto. Gallego Circuito 2019 (FINAL)
#eupatino