De novo as condicións atmosféricas condicionaron o desenvolvemento dunha proba de Patinaxe de Velocidade, pois a chuvia na xornada do domingo volveu impedir que se disputasen algunhas das carreiras establecidas no regulamento do Campionato Galego en Circuíto. O sol da tarde do sábado permitiu que todo fose según o previsto e así os 74 inscritos dos catro clubes (Sada Patín, SCD Rabadeira, ADC Alquimia Inline e Freestyle Vigo) que presentaban patinadores e patinadoras, puideron realizar cadansúa proba nas categorías convocadas.
O domingo 29 de abril mudaba o tempo e aínda que se disputaron varias carreiras no circuíto García Irmáns de Betanzos (A Coruña) co asfalto mollado, houbo que suspender outras nunha tempada na que o tempo atmosférico non foi o mellor aliado desta modalidade.
No documento adxunto podedes consultar as actas cos resultados de tódalas probas e categorías.
[Fotos: Sada Patín]
#eupatino