O pasado sábado, 8 de abril, celebrouse o certame autonómico de Patinaxe Artística das modalidades de Só Dance, Parellas de Danza e Parellas de Artístico. Un total de 36 participantes acudiron ao pavillón vigués de Candeán, na cita organizada polo CP Vagalume. 24 patinadores e patinadoras fixérono en Só Dance nas categorías de Benxamín a Senior mentres que en Parellas de Danza e Parellas de Artístico foron 6 as que participaron en Alevín, Infantil e Cadete.
Nos documentos adxuntos podedes consultar as clasificacións de todas elas.
[Foto: José Fernández Fernández]