Con 164 participantes, 145 na Fase Rexional e 19 nas Probas de Acceso, celebrouse a pasada fin de semana do 18 e 19 de maio no polideportivo A Cachada de Boiro (A Coruña) e organizado polo Club Deportivo Patinaxe Boiro esta competición autonómica de Patinaxe Artística na que se contou con patinadores e patinadoras das categorías Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Absoluta. Os resultados están dispoñibles na páxina web de competicións de Patinaxe Artística e tamén aquí: 4850651-clasificacion-file
[Fotos: C. D. Fontiñas, C. P. A. Valladares e C. P. A. Condado]
#eupatino