O pasado sábado 11 de novembro remataban no pavillón de Candeán de Vigo (Pontevedra) as competicións oficiais de Patinaxe Artística correspondentes ao ano 2017 coa celebración da II Fase de Niveis Só Dance e Figuras Obrigatorias, que baixo a organización do Club Patín Vagalume-Celtamotor se desenvolveu durante a tarde coa presenza de 16 patinadores/as dos niveis 1, 2 3, 4 e 6. Os resultados finais pódense consultar no apartado de competicións>Patinaxe Artística.
Por outra banda, xa está publicada a normativa autonómica de Patinaxe Artística así como o calendario de probas para o 2018.
[Fotos: CP Vagalume-Celtamotor]
#eupatino