As competicións autonómicas de Patinaxe Artística van cubrindo a súa derradeira etapa da tempada e así o sábado 27 de outubro, organizado polo Club Patín Vagalume, celebrábase a II Fase de Niveis de Figuras Obrigatorias e a de Só Danza. A primeira delas disputouse pola mañá no pavillón do Carmen de Vigo con 15 participantes, todos eles do CP Balaídos. Xa pola tarde, era a quenda da segunda no pavillón de Candeán, tamén en Vigo, con 26 patinadoras e patinadores dos clubes CD Fervello, CP Alquimia, CP Balaídos e CP Vagalume, acadando varios deles o ascenso á Primeira Categoría.
Os resultados completos están á vosa disposición na páxina web de competicións da FGP: http://www.artistico.fgpatinaxe.gal/
#eupatino