O Club Patinaxe Sarela organizou o pasado fin de semana (9-10 de xuño) no pavillón de Bertamiráns do municipio coruñés de Ames a II Fase de Categoría Rexional de Patinaxe Artística, coa presenza de 103 patinadores e patinadoras, e as Probas de Acceso, que contaron con 17 inscritos. Na entrega do trofeos estivo presente o alcalde da localidade amesán, José Miñones.
No documento adxunto ou no portal de competicións da páxina web da Federación Galega de Patinaxe podedes consultar os resultados de todas as probas celebradas e as súas correspondentes categorías.
[Fotos: CP Sarela, CPA Condado e CPA Omega]
#eupatino