A modalidade de Patinaxe Artística iniciou a pasada fin de semana as competicións oficiais autonómicas coa I Fase Rexional e as Probas de Acceso a categoría Nacional que, baixo a organización do C. P. A. Salvaterra, se celebraron no pavillón Cándido Carrera Estévez de Salvaterra de Miño (Pontevedra).
O sábado 19 de xaneiro foi a quenda da I Fase Rexional que contou coa participación de 109 patinadores e patinadoras das categorías Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Absoluta. Para o domingo 20 quedaron as Probas de Acceso nas que houbo 13 inscritos, acadando a maioría deles a calificación de apto.
Clasificacións: 4850543-clasificacion-file (tamén se poden consultar en http://www.artistico.fgpatinaxe.gal/)
[Fotos: C. P. A. Salvaterra, C. P. A. Omega e C. P. Oroso]
#eupatino