Activo fin de semana coa celebración da I Fase de Niveis de Patinaxe Artística no programa libre, con un total de 833 patinadores e patinadoras inscritos nas tres sedes previstas. En Ferrol, foi o CPA Buxaina o encargado de levar a cabo a competición no pavillón do Ensanche para os da Coruña Norte mentres que os do Sur da provincia competiron no pavillón de Fontiñas, en Santiago de Compostela, baixo a batuta do CD Fontiñas. No caso dos clubes das provincias de Pontevedra e Ourense, tiveron que facelo no pavillón Cándido Carrera Estévez de Salvaterra de Miño tendo ao CPA Condado coma anfitrión.
[Fotos: CPA Buxaina e CPA Condado]
Resultados
A Coruña Norte – A Coruña Sur (Sábado) – A Coruña Sur (Domingo)
Pontevedra-Ourense (Sábado) – Pontevedra-Ourense (Domingo)