Os niveis do 4 ao 8 da modalidade libre de Patinaxe Artística celebraron esta fin de semana do 30 e 31 de marzo a I Fase de Niveis, na que competiron un total de 633 patinadores e patinadoras. O pavillón municipal da Laracha acolleu aos clubes da Coruña Norte baixo a organización do C. P. Conxuro Laracha coa presenza de 192 participantes. No pavillón do Restollal de Santiago de Compostela foron 215 dos clubes da Coruña Sur os que acudiron organizado polo Club Deportivo Fontiñas mentras que para os de Pontevedra e Ourense, a competición desenvolveuse no pavillón do C. E. I. P. Souto-Donas de Gondomar con 226 deportistas e sendo organizada polo Club Eixo Gondomar.
Na páxina web de competicións de Patinaxe Artística están á vosa disposición os resultados das tres sedes.
[Fotos: Club Eixo Gondomar e C. P. Oroso]
#eupatino